A xeito de introdución:
...o presente blogue, foi creado para difundir e dar a coñecer o traballo que se ven desenvolvendo dende hai xa catro xeracións por unha pequena familia da parroquia de Chapa no Concello de Silleda.
Un traballo con segredos e sen eles, un traballo con séculos de historia, un traballo de saberes tradicionais e forxados co calor co que os caldeiras reverten cando cocen,
aínda que este blogue pretende ser un espazo onde difundir e dar a coñecer as actividades/ traballos que veñen desenvolvendo os/as "pulpeiros/as de Chapa; Ana e Fernando", intetarase potenciar, reforzar e dar a coñecer o traballo que as "pulpeiras" e os "pulpeiros", veñen desenvolvendo dende hai seculos no noso pais e noutros, así coma outros oficios, saberes e costumes que abrangue o mundo das feiras.
e pra comezar, que mellor que cun chisco de historia, na que resolveremos unha das cuestións mais plantexada neste eido...
- Por que se come e traballa tan ben o "pulpo" no interior?...
- Quen levou o dito cefalópodo ata tan lonxe? a xeito de que?, e como fixo para que non lle apodrecera no camiño?
Historia das Pulpeiras
Como acontece na meirande parte das tradicións do noso entorno, a relixión e parte causante da difusión do polvo.
No seculo XII o mosteiro cistercense fundado en 1140, Santa María de Oseira, e os seus habitantes, foron os causantes de tanta feira.
E claro esta que onde habia cregos, habia nobres...
O nobre Diego Arias foi capitán ao servizo da raiña Dona Urraca, esta reconpensouno por tan leales servizos co "Coto de Marín", ali retirado desfruta dos praceres de ser nobre, pero cando lle morre a úa muller, ordenase monxe no citado Mosteiro o cal ve aumentado os seus bens trala renuncia de Diego Arias a eles para poderse ordenar, como obriga a orde Císter.
Malia que logo arrepintese, pero de nada lle valeu, porque ata o monarca que estaba no trono, Alfonso VII certificou a pertenza do Coto de Marín a Oseira.
Deste xeito os monxes recibian dos aparceiros da vila costeira os pagos polo usufruto das non poucas propiedadespertencentes ao mosteiro (casas, Cortiñas, Viñas...) e non solo en cartos (reais, marabedis, ducados) se non tamén en especias (cereais, gando, viño, pesca), entre os que se atopaba o "Pulpo" ou Polvo.
Aínda que daquela non era moi valorado, si que ofrecía a posibilidade de conservación en seco, semiseco o curado. Facendo deste xeito unha parte importante dos pagos e dezmos a igrexa.
Estes non eran poucos, pois o dezmo eclesiastico era a décima parte dos froitos entregados polos fieles de Dios, en referenza aos 10 mandamentos.
Os monxes tamén tiñan interese na comarca costeira, pola simple razón de que en determinadas épocas coma o Advento e a Coaresma o peixe era preciso xa que a relixión non permitia comer carne. Por iso cara o ano 1583 nestas "festividades" fixaronse prezos máis baratos no porto de Marín en produtos tales coma o congrio, a merluza ou o "pulpo".
Como era moita a cantidade que lles chegaba aos monxes dos seus aparceiros costeiros, comezaron a repartir o sobrante entre os seus feligreses, tanto para o consumo persoal como pra a venda, dando lugar ao "pulpo a feira". Aparece así un colectivo profesional, adicado a adquisición direta, venda e preparación do polvo, en festas e feiras.
![]() | ||
Pupeiras. Provincia de Ourense. 1ªmetade do s.XX. Xosé Vázquez Arias "Rizo" (1917-1975) |